Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Perfil do contratante


Estado dos procedementos:
Texto:


Procedementos Adxudicados definitivos

Data publicación web:  28-07-2014

EXPTE 4/2014. OBRA DE RENOVACIÓN DE PAVIMENTO EN ESTRADAS MUNICIPAIS DENDE A LAMELA ATA SANTA CRUZ POS 2014 ORZAMENTO DE LICITACIÓN: 43355.45?
Publicado en: Outros o 00-00-0000
Data de inicio:
Presentación:
NO REXISTRO XERAL DE DOCUMENTOS DESTE CONCELLO DE PONTECESO
Adxudicado:
1º.- A Excma. Deputación Provincial de A Coruña comunicou a este Concello de Ponteceso a aprobación das bases reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) 2014.

2º.- En data 12 de decembro de 2013 o Pleno desta Corporación de Ponteceso acordou, en función das necesidades deste concello, a aprobación do Plan de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal do ano 2014 (POS 2014) e aprobación dos correspondentes proxectos.

3º.- Así aprobouse o proxecto da obra Renovación de pavimento en estradas municipales dende A Lamela ata Santa Cruz -POS 2014 (Expte 4/2014) cun orzamento de 43355.45?
En data 03/04/2014 recibiuse nas oficinas xerais deste Concello a Circular para contratar as obras incluídas no POS 2014.

4º.- En base ao anterior a Xunta de Goberno Local acordou en sesión celebrada o día 7 de maio de 2014 aprobar o expediente de contratación desta obra mediante procedemento negociado sen publicidade por ser un procedemento de contratación moi áxil, de conformidade coas instruccións emitidas pola Excma. Deputación Provincial na circular para contratar as obras incluídas no POS 2014 (10 b) (contratos de obras cuxo valor estimado sexa inferior ao establecido no art 177.2 do TRLCSP, en relación co 171.d

Aprobando o expediente, aprobábanse tamén o prego decláusulas administrativas particulares e o cadro de características e se acordaba invitar a tres empresas suficientemente capacitadas para negociar ás condicións da contratación.

5º.- As empresas invitadas foron: Arias Hermanos Construcciones S.A., Construcciones López Cao S.L. e Canarga Construcciones S.L.
Constan no expediente ás xustificacións dos recibís das invitacións de Arias Hermanos Construcciones S.A, de Canarga Construcciones S.L.e de Construcciones López Cao S.L.
6º.- Os membros da Mesa de Contratación procederon en dúas sesión ó exame da documentación. O técnico valorou o sobre B e abriuse o sobre C. E elevaron a seguinte proposta:
PROPOSICIÓN ECONÓMICAMENTE MAIS VENTAXOSA

Renovación de pavimento en estradas municipais dende A Lamela ata Santa Cruz, expte 4/2014: presentou a documentación do sobre A completa
Expte 4/2014: 17 puntos Programa de traballo: 3, actuación ambiental: 8, plan de control de calidade: 2 esquema de plan de Seguridade e Saúde: 4

Duración da obra: 1 mes
Expte 4/2014: prazo de licitación: 43355,45? Prezo ofertado: 35800 + 7518 de IVE : 43318.00?

7º.- Así, en base ao disposto á Xunta de Goberno Local acordou en sesión celebrada o día 16 de xuño de 2014 declarar como a proposición económicamente mais ventaxosa a presentada por Construcciones López Cao S.L. cos datos arriba referidos e requirirlle para que presentase os certificados de atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e a garantía definitiva por importe de 1790? .

8º.- O día 25 de xuño de 2014 o interesado recibiu o requerimento.
O día 2/7/2014 co nº 1890 presentaron toda a documentación esixida

9º.- Polo anterior, os membros da Xunta de Goberno Local acordaron en sesión celebrada o día 7 de xullo de 2014 adxudicar a contratación da obra Renovación de pavimento en estradas municipais dende A Lamela ata Santa Cruz expte 4/2014: coas seguintes características: Axustarase íntegramente ao disposto no sobre B ? referencias técnicas- e no prego de prescripcións técnicas, ao programa de traballo, polo que tivo unha valoración de 3 puntos, actuación ambiental: 8 puntos, plan de control de calidade: 2
punto e esquema do Plan de seguridade e saúde: 4 puntos. Prazo de execución das obras, 1 mes
O prezo de adxudicación ascende a 35800+7518e IVE : 43318? o que supón unha baixa de 37.45?.


O DÍA 14 DE XULLO DE 2014 ASINOUSE O CONTRATO ENTRE A EMPRESA CONTRATISTA E O CONCELLO DE PONTECESO
Concello de Ponteceso