Presentación
Presta os seus servicios
a diario nas dependencias municipais e os mércores e
Venres na Oficina Municipal de Corme.
Abarcamos aspectos sociais de todo tipo:
terceira idade, drogodependencia, carencia de recursos, etc. e cada problemática ten un tratamento diferenciado.
Xestiona axudas de tipo económico: pensións non contributivas de xubilación e de invalidez, de emerxencia social para persoas que carecen de medios económicos ou que teñan certa problemática, pero sempre con poucos medios económicos, prestacións do SERGAS, do IMSERSO e doutros organismos.
Aínda que vai depender de cada caso,
informa e tramita os expedientes para as persoas interesadas en realizar un proxecto sociofamiliar (de atención, coidado de menores ou de persoas maiores) ou un proxecto de inserción prelaboral ou laboral. Aínda que para estes casos hai un formulario, a traballadora social analiza a situación, fai un estudo persoal de cada caso e adapta o proxecto a cada persoa. Un exemplo é a RISGA: rede de integración social de Galicia para xente que non ten recursos económicos e que obtén a axuda mentres dura a situación.
O Concello de Ponteceso dedica unha
parte do seu orzamento á emerxencia social para axudas de tipo económico, de arranxo de vivendas, pagamento de aluguer da vivenda, etc.
Ademais, orienta aos inmigrantes.
Son traballos seus,
coordinar o servizo de axuda a domicilio, o reparto dos alimentos da Cruz Vermella e da cesta de Nadal.
Polo que respecta á familia: tramita títulos de familia numerosa, expedientes de acollemento familiar (dos que, ademais, realiza o seguimento), etc.
O Departamento de servizos sociais conta tamén cunha sección de
Eduación Familiar.
Ocúpase de familias en situación de risco, de marxinación social ou de familias con menores a cargo.
Orienta as familias para que teñan relación cos colexios onde estudan os seus fillos, para que mellorar a hixiene persoal do menor, para que non haxa absentismo escolar, para que os pais se dean conta de que son responsables dos seus fillos e que teñen que axudar na educación de maneira integral.