Actividades de verán 2021
A partir das 09:00 horas do próximo luns 21 de xuño poderanse tramitar as solicitudes para as diferentes actividades que conforman a programación cultural e deportiva do Concello de Ponteceso para os meses de verán. Entre esas actividades inclúese a campaña de vela e windsurf da Deputación da Coruña, cursos de iniciación ao pádel, ao bádminton e a padel surf e kayak, o programa Capta a danza e un taller de abelorios.
As inscricións poderán realizarse ata as 14:00 horas do mércores 23 de xuño e tramitaranse preferiblemente a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso, aínda que tamén se poderán tramitar presencialmente con cita previa nos departamentos de Cultura e Deportes. As prazas adxudicaranse por sorteo público, que se celebrará no salón de plenos o luns 28 de xuño ás 12:00 horas, tendo preferencia as persoas empadroadas. Para presenciar o sorteo haberá que confirmar asistencia.
Os horarios das actividades están suxeitos a modificacións segundo as necesidades e cada actividade precisa un mínimo de inscritos para realizarse. Para máis información, pódese contactar co Departamento de Cultura (630 907 124) ou co Departamento de Deportes (616 485 520).