Punto de S.G.C
Terminal do Servizo Galego de Colocación
O Concello de Ponteceso é centro asociado ao Servizo Galego de Colocación.
É por iso polo que na
planta baixa das dependencias municipais en Ponteceso podes acceder ó terminal que instalou o Servicio Galego de Colocación con todos os servizos que che detallamos á continuación.
Obxectivos
Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional.
Informar das ferramentas de búsqueda de emprego.
Actualizar e activa-lo currículum vitae de cada demandante.
Optimiza-la oferta formativa existente, informando sobre cursos de formación ocupacional e regrada.
Compatibiliza-la demanda da persoa coa oferta existente.
Ofrecer un sistema áxil de información que permita coñecer ás persoas usuarias o seu nivel de cualificación e potencial laboral.
Motivar e reforzar a súa implicación no proceso.
Dispoñemos dun punto de información do Servizo Galego de Colocación onde poden
renovar as súas demandas de emprego evitando os desprazamentos á oficina de emprego de Carballo.
Tamén poden
consultar as ofertas do Servizo Galego de Colocación e acceder ás páxinas web dos diferentes Servizos Públicos de Emprego Nacionais e Autonómicos.
Antes de utilizar o sistema
O primeiro paso é
acudir á súa Oficina de Emprego para rexistrar a súa impresión dixital.
Unha vez feito o rexistro poden utilizar este novo servizo instalado na primeira planta do Concello.
Para máis información poden acudir ás oficinas do Departamento de Emprego e Formación e do Servizo Galego de Colocación.