Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Cultura e Deportes :: Deportes

Deportes

Deportes Ponteceso

Cando se fala de ?desenvolvemento integral?, ?mellora da calidade de vida?, ?favorecedor das relacións sociais?, ?hábitos saudables?... automaticamente dámonos conta de que estamos falando, entre outros, da práctica físico-deportiva.

Pois sí, para o Concello de Ponteceso a práctica deportiva é fundamental en tódolos rangos de idade e chegar á maioría da poboación cun programa deportivo tendo en conta os intereses e características individuais é o fío condutor do departamento de Deportes.

Na programación de inverno que se oferta de outubro a xuño, as actividades agrúpanse en:
· Escolas deportivas
· Actividades para adultos
· Competicións deportivas
· Xornadas, saídas, concentracións, torneos puntuais de distintas disciplinas deportivas.

A programación de verán céntrase sobre todo en campamentos, talleres - cursos no medio acuático, saídas, xornadas puntuais... promocionando sobre todo a práctica física-deportiva no exterior.
Para máis información, achégate ao departamento de Deportes (tel.: 981971719), estamos na planta alta do edificio do Concello.





Concello de Ponteceso