Un repaso ás nosas actuacións
Despois de actuar en Muxía, o domingo, 11 de xullo, actuamos, tamén o 16 cantando a misa do Carme e o 17 na misa do Percebe do Roncudo.Teremos unha misa de ánimas polo que foi o noso querido tenor Manolo de Camiño o vindeiro día 23, venres, ás oito da tarde e, ao día seguinte,daremos un Recital Musical na Sagrada Familia de A Coruña;será ás 20,30 da tarde do sábado, día 24 de xullo e o día 7 de agosto será o VI FESTIVAL DE HABANERAS Y CANCIONES DE LA MAR DE CORME, na Praza do pan ás 21,00 horas.Ampliaremo-la nova mais adiante.
Actúa o vindeiro 11 de xullo
O vindeiro domingo 11 de xullo do 2010 actuaremos, nun festival, en Muxía, xuntamente cos anfitrións e cunha coral das Rías Baixas. O acto será ás 8 da tarde, aberto para todos aqueles que queiran escoitar a estas agrupacións.Por parte da polifónica de Corme, interpretaremo-las seguintes cancións:
1.-A BRANCA GAIVOTA
2.-CAMINO DEL INDIO
3.-A TI
4.-UNHA NOITE NA EIRA DO TRIGO
5.-LA BAMBA
6.-ADIOS LUCERO DE MIS NOCHES