Oficina Virtual Tributaria
Tramitacións tributarias co seu DNIe
Todos os veciños do noso concello poden acceder ás xestións tributarias da oficina virtual da deputación mediante DNI electrónico ou certificación dixital da FNMT. Pódense realizar por esta vía todas as consultas previstas na Oficina Virtual Tributaria, a excepción do pago dos recibos e liquidacións que transitoriamente só se poderán efectuar polos portais financeiros das entidades colaboradoras indicadas. O Concello conta con dous puntos de acceso mediante dni electrónico en Ponteceso (Oficinas xerais do concello) e Corme (aula de informática).
Acceso á Oficina Virtual Tributaria (OVT)