Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Día do libro

O vindeiro luns 23 de abril

O quebranocesO luns, 23 de abril, ás 11:30 horas, con motivo do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO na Biblioteca Municipal de Ponteceso terá lugar unha actividade dirixida ao alumnado de 2º ciclo de Educación Primaria dos Centros de ensino de Corme e Ponteceso. Contaremos coa presenza da escritora MARÍA CANOSA que lerá a súa publicación infantil O crebanoces (ilustrado por DAVID PINTOR).Presentaraa a dinamizadora da Fundación Eduardo Pondal TAMARA LEMA. Como complemento dous alumnos do CENTRO COREOGRÁFICO interpretarán un petisco do ballet clásico El Cascanueces. Trala sesión agasellaremos a cada asistente cun marcapáxinas da obra.

Concello de Ponteceso