Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Cincuenta persoas de Ponteceso contan dende onte cun composteiro

Logo da charla explicativa impartida onte pola técnica de Sogama, Andrea Pérez¸ foron repartidos os composteiros entre os veciños e veciñas que o solicitaron































O Edificio das Escolas de Ponteceso acolleu onte unha nova sesión explicativa sobre o uso correcto dos composteiros. A sesión informativa estivo impartida por Andra Pérez , técnica de Sogama, e os asistentes puideron coñecer as claves para o uso correcto do composteiro e de como facer compost.
Ao finalizar a charla explicativa, as e os veciños que así o solicitaran previamente, entregóuselle os composteiros. Dende hoxe, 50 persoas máis do Concello de Ponteceso comezarán a facer compost e levar a cabo prácticas sostibles e respectuosas co noso entorno. Únense así aos máis de cen veciños que xa están a realizar compost dende as súas casas e reducindo deste xeito os refugallos orgánicos que se depositan nos colectores.
O Concello de Ponteceso continúa así desenvolvendo o seu plan de compostaxe e do fomento de prácticas sostibles que nos permitan coidar do noso medio.


Concello de Ponteceso