Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Volve o XVI Certame Canción Popular

O evento celebrarase no Colexio Ave María de Pazos, o 6 de agosto

O XVI Certame de Canción Popular volverá a celebrase este ano. Un evento organizado pola Coral Polifónica de San Salvador de Pazos e no que colabora activamente o Concello de Ponteceso e a Deputación da Coruña
O evento levarase a cabo o día seis de agosto ás 20.30h no local do Colexio Ave María de Pazos e actuarán a Coral Polifónica Lembranzas de Sta. Cruz de Oleiros e a Coral Polifónica de San Salvador de Pazos.
Dende o Concello animamos a todas as persoas a que se acheguen a gozar de este fermoso certame.


Concello de Ponteceso