Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A partir do próximo día 7 poderase solicitar praza no Programa Respira

O Concello de Ponteceso organiza o Programa Respira para nenos e nenas de Ponteceso escolarizados de 3 a 12 anos, para aquelas familias que acrediten a necesidade de conciliación e cumpran os requisitos de renda familiar.


Este programa gratuíto cubrirá os meses de xullo e agosto completos, de 9:30 a 13:30. As prazas outorgaranse por orde de inscrición e poderanse solicitar entre os días 7 e 11 de xuño (ambos inclusive). As persoas interesadas deben contactar coa educadora social do Concello, a través do teléfono 881 983 223.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso