Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

AVISO:Retrásase por motivos de seguridade o I Camiño dos Faros inclusivo previsto para o 2 de abril

Retrásase, NON SE ANULA.Pasaría a ser a 9ªetapa, aínda sen data marcada.
Suspéndense tamén de momento as actividades transversais que tiñamos acordadas para ese día (charla, visita ao museo MELGA, paseo inclusivo? pinchos e concerto)


Poñémonos, de novo, en contacto con vostedes para comunicarlles que nos vemos na obriga de retrasar o I tramo do Camiño dos Faros Inclusivo ( con data 2 de abril) por motivos de seguridade (efectos das choivas).

1- O coordinador de actividades ao aire libre estivo facendo un percorrido polo tramo e, despois de contactar con diversos colectivos que colaboran neste I Camiño dos faros Inclusivo, informa de que o seu estado non é o adecuado para unha camiñada coa necesaria seguridade pretendida.

2- Retrasar este primeiro tramo significa simplemente retrasar, non anular! Pasaría a ser a 9ª etapa, aínda sen data marcada.

3- Quedan tamén para outra ocasión as actividades transversais que tiñamos acordadas para ese día (charla, visita ao museo MELGA, paseo inclusivo? pinchos e concerto)

4- Para o martes 5 de abril ás 20:00 horas, no Pazo de Cultura de Carballo, convocamos unha reunión á que convidamos a todos os colectivos e persoas que queiran asistir para planificar o vindeiro roteiro Inclusivo ( a realizar osábado 16 de abril).

5- Xa estamos barallando máis datas para os seguintes roteiros do Camiño dos Faros Inclusivo (16 de abril, 30 de abril, 14 de maio, 11 de xuño, 25 de xuño). Ademais quedaría por decidir a data do primeiro e segundo tramo non realizado.

6- Por último, pedimos perdón por todas as molestias causadas,ao noso pesar

Confederación ANPAS GALEGAS

Concello de Ponteceso