CONCELLO DE PONTECESO
Concello :: Novas
O pleno aprobou un recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de case 175.000 euros para saldar impagos coa compañía provedora.
Na seguinte ligazón podedes formalizar a vosa alta ou modificar os datos se xa estades acreditados doutros anos.
https://ponteceso.rsu.gal
Será o 25 de novembro, saíndo ás 9:30 do quiosco de Corme e da Praza do Recheo de Ponteceso.
Reciclar é moi doado en Ponteceso.
Lembra que no noso concello contamos con tres minipuntos limpos para separar os diferentes tipos de lixo.
Están localizados na Praza do Recheo, na rúa Crego de Corme-Porto e na praza de Pazos.
O Concello de Ponteceso continúa coa súa aposta pola xestión sostible dos biorresiduos a través do programa de compostaxe doméstica, dirixido a aqueles fogares que dispoñan dun pequeno terreo para realizar este proceso. A última acción desta iniciativa celebrouse o pasado día 17 de outubro, no local social da Asociación Cultural Nosa Señora do Faro de Brantuas, onde tivo lugar unha charla informativa á que asistiron o alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, técnicos municipais e a veciñanza inscrita no proxecto.
O Concello de Ponteceso pon en marcha unha nova edición das actividades de envellecemento activo dirixidas ás persoas maiores de 60 anos, co obxectivo de promover un estilo de vida saudable e fomentar a participación social. Estas actividades, presentadas onte pola concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez, e pola educadora familiar Loli Blanco, desenvolveranse ao longo de dous cuadrimestres e inclúen talleres de memoria, uso de móbiles, coiro, cestería, manualidades e arranxos florais, entre outros.
O Concello de Ponteceso abriu este mércores, 4 de setembro, o prazo de inscrición para participar no programa municipal de madrugadores e conciliación familiar ‘Ponte-Cedo’.
O próximo luns, 26 de agosto, dará comezo a ruta de recollida de residuos urbanos especiais non voluminosos no Concello. Para unha boa coordinación coa veciñanza, publicamos a ruta e o calendario que se seguirá dende hoxe ata o próximo 12 de setembro.
O alcalde e a concelleira de Cultura presentaron esta tarde a súa sétima edición, que se realiza cada dous anos no municipio
O concurso, que terá lugar o vindeiro domingo, 28 de xullo, conta cunha gran sona en toda Galicia, España e mesmo Europa
As persoas interesadas en participar deben preinscribirse a través dun formulario web ata o propio día do concurso
Os traxes de traballo do GES non se renovaban desde o ano 2014, polo que era unha actualización necesaria para poder levar a cabo as labores de mantemento e de apoio nos incendios de forma eficiente
Segundo indicou o alcalde, José Manuel Mato, “a idea é ir renovando os equipos de protección segundo o vaian necesitando os empregados deste servizo”