Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso intentará bater este sábado o récord mundial de buxainas en movemento durante o VIII Festipopeóns, organizado polo Melga, a Fundación Ricardo Pérez y Verdes e o Concello

Exposicións, obradoiros, concursos, faladoiros e a lectura do Manifesto do Día do Peón, a cargo da escritora e editora Cecilia Monllor, completan o programa de actos do festival

O Concello de Ponteceso únese á campaña ?En negro contra as violencias?

? A área de Igualdade conmemorará o 25N con charlas para todo o alumnado do IES Eduardo Pondal e un taller de teatro
? A iniciativa da área de Igualdade engádese ao programa ?Ponteceso Actúa?, que rematará coincidindo co Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

O Concello de Ponteceso tramita por procedemento urxente as obras de mellora da rede de abastecemento de auga a Corme

? O orzamento do proxecto, que consistirá na substitución da canalización de distribución xeral, acada os 122.251,20 euros
? As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata as 23.59 horas do día 18

O goberno local impulsa un proxecto de reforma integral do Edificio das Escolas para crear un ximnasio e un auditorio

? O proxecto encargado polo Concello de Ponteceso supera os 800.000 euros
? O alcalde xa solicitou cadansúa entrevista cos presidentes da Xunta e da Deputación para pedir a colaboración económica de ámbalas administracións

Os concellos de Cabana e Ponteceso impulsan un proxecto de dinamización do cooperativismo

? A formación, de carácter gratuíto, desenvolverase no mes de decembro no Centro Cultural de Ponteceso
? O prazo de inscrición está aberto ata o 27 de novembro

O goberno de Lois García Carballido puxo en marcha proxectos por valor de 1.548.000 euros nos primeiros cen días de mandato

A maioría dos investimentos son financiados con fondos propios do Concello de Ponteceso


1  2  3  4  5  6 ... 20

Concello de Ponteceso