Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

AVISO URXENTE:

Por reparación na Estación de Bombeo debido á riada;Tella, o Polígono, Pazos, Brantuas, Niñóns e Cores, teñen auga só ata MAÑÁN SÁBADO DÍA 2 POLA MAÑÁ.
Esperamos ter operativa a estación de bombeo o antes posible a pleno funcionamento.
Desculpen as molestias

AVISO:Retrásase por motivos de seguridade o I Camiño dos Faros inclusivo previsto para o 2 de abril

Retrásase, NON SE ANULA.Pasaría a ser a 9ªetapa, aínda sen data marcada.
Suspéndense tamén de momento as actividades transversais que tiñamos acordadas para ese día (charla, visita ao museo MELGA, paseo inclusivo? pinchos e concerto)

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

Consulta aquí todas as novidades do último boletín semanal.
28marzo 2016-Revista 1066

A área da Biblioteca organiza unha actividade dentro do programa "Ler conta moito"

Este venres 1 de abril en horario de 10:00-12:00h teremos na Biblioteca de Ponteceso a actividade: "Ler a nosa BD! Unha viaxe pola historia e os autores da Banda Deseñada Galega" impartida por Xulio C. Dopico.

I Camiño dos Faros inclusivo, o vindeiro 2 sábado 2 abril

A federación de ANPAs da Costa da Morte, a confederación ANPAS GALEGAS, concello de Carballo e Ponteceso, e outros colectivos adicados á diversidade funcional e ás necesidades específicas estamos organizando o Camiño dos Faros Inclusivos coa asociación Camiño dos Faros.

Actividades turísticas Semana Santa 2016

Consulta aquí a programación da Semana Santa no noso Concello

Convocatoria concentración de apoio ás vítimas dos atentados de Bélxica

Mañá mércores 23 de marzo, ás 12:00 h terá lugar unha concentración diante do Concello en apoio ás vítimas dos atentados de Bruselas.
O Concello convida á cidadanía a unirse a esta manifestación


1 ... 17  18  19  20  21 ... 25

Concello de Ponteceso