Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Lista Provisional Admitidos e Excluidos da praza de peón de limpeza viaria

Consulta aquí a Resolución 563/2015 de 4 de decembro, de aprobación da lista provisional de admitidos/excluídos da praza de peón de limpeza viaria interino/a.

O apalpador visitará as escolas do CRA e a Escola Infantil A Galiña Azul

Carlos Penedo, Concelleiro da área de normalización linguistica, acompañará o luns 7 de decembro aos nenos das escolas do CRA para recibir a visita do Apalpador. Primeiro achegarase á escola de Tella (09:15h) e despois á de Brantoas(10:15h).Nestas dúas escolas reuniranse os nenos/as do resto das escolas tamén.
Por último, sobre as 11:30h,O Apalpador visitará tamén aos nenos/as da Escola Infantil A Galiña Azul

I Xornadas Culturais de Cores

Este domingo 6 de decembro, ás 17:30h, no local social da Campara, Carlos Penedo, Concelleiro de Patrimonio, presentará a conferencia de Restauración da Igrexa de San Martiño de Cores, a cargo dos arquitectos Dulce Mª Trigo Cousillas e Juan Manuel Doce Porto.

Eventos deportivos fin de semana 5 e 6 de decembro 2015

Todas as escolas deportivas en funcionamento. Destacar que as de baloncesto descansan esta xornada.

I Xornadas Culturais de Cores

Este domingo 29 de novembro ás 17:30h, no Local Social da Campara.
Intervirá Carlos Penedo, Concelleiro de Patrimonio, presentando a charla a cargo de Luís Giadás.

I Xornadas de Diversidade e Familia

O vindeiro xoves 3 de decembro,día internacional das persoas con discapacidade, de 17:00 a 20:00h,no Edificio das Escolas.
Haberá ponencias para adultos e obradoiros infantís.Achégate.

Eventos deportivos fin de semana 28-29nov2015

Consulta aquí os eventos deportivos desta fin de semana: fútbol,fútbol sala feminino e as nosas Escolas de Basket.
O domingo 29 desprázanse a Lugo os locais Gonzalo Suárez e Ricardo Pereira, das nosas escolas de Kick Boxing ao Campionato Galego de full contact.

Subvencións a entidades sen fin de lucro da provincia da Coruña

Consulta neste enlace as subvencións a entidades sen fin de lucro da provincia da Coruña.


1  2  3  4  5  6 ... 19

Concello de Ponteceso