Benvida

Benvidos/as a Ponteceso, porque a través deste espazo virtual podedes achegarvos ao noso concello a través da súa historia e do seu presente. Un presente de proxectos, de desenvolvemento e de ilusión que estamos a construír con todas e todos, e co compromiso do goberno municipal que presido de traballar para facer deste concello un modelo de xestión, de calidade de vida e de oportunidades laborais.
O noso obxectivo é abrir un espazo de diálogo coa veciñanza, facendo da eficacia dos servizos municipais a nosa razón de ser, achegando aínda máis a xestión municipal á cidadanía e traballando coa máxima transparencia por un Ponteceso aínda mellor.
Este é o propósito da páxina web, que pretendemos renovar para ir ofrecendo paulatinamente tanto un maior caudal de información sobre os distintos servizos municipais como a posibilidade de realizar todo tipo de trámites, xestións e consultas administrativas a través da rede, con confidencialidade e seguridade.
Como alcalde de Ponteceso convídovos a utilizala, pero, sobre todo, convídovos a traspasar este espazo virtual para vivir o noso concello, onde sempre atoparedes as portas abertas.
Xosé Lois García Carballido
Alcalde de Ponteceso
SAÚDOS DO ALCALDE