Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello

O Concello de Ponteceso ofrece varias alternativas de ocio para este sábado

02 xuño 2022

A Federación Galega de Socorrismo, en colaboración co concello de Ponteceso
organiza este sábado, 4 de xuño o campionato galego de salvamento e socorrismo en
augas abertas na categoría alevín. Terá lugar na praia de Balarés ente as 10.00 h e as
14.00h.
Ademais, ese mesmo día, a parroquia de Brántuas celebra a XXVII Festa do Raxo no
Campo do Faro. Dende as 11 da mañá haberá sendas citas para todos os públicos.
Comezarán ás 11, coa misa solemne. Logo, á 13h haberá un xantar no que non pode
faltar o raxo, pero tampouco as empanadas nin a larpeira. Xa ás 18h, os grupos
Charada e Alborada, xunto á disco móbil Impacto, porán a bailar ós asistentes coa súa
música. A festa está organizada pola A.C Nosa Señora do Faro en colaboración coa
Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Ponteceso.

Concello de Ponteceso