Exposición de escultura de Santi Collazo no MACCMO
1 xaneiro 2020
Se es das pouquísimas persoas que aínda non coñecen o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (MACCMO), aproveita o noso amplísimo horario de apertura:
🕛Luns e sábado, de 11 a 13h.
🕛 De martes a venres de 11 a 13 e de 17 a 19h.
🕛 E, ademais, este domingo e o vindeiro, tamén abriremos excepcionalmente de 17 a 20h.
E tanto se o coñeces coma se non, o que non podes perderte é a exposición de escultura do artista cormelán Santi Collazo, que está aberta ata o 3 de febreiro.
Achégate a Corme e namórate da arte da Costa da Morte no MACCMO!