Faite voluntario
Ata o 20 de xaneiroColabora coa túa comunidade. Faite voluntario social ou de Protección Civil. Prazo de inscrición ata o 20 de xaneiro, na Oficina de Información Xuvenil (981 714 622) ou no Concello (981 714 000 ext. 18)
Pleno da corporación
31 de xaneiroPleno ordinario da corporación ó que están convocados todos os concelleiros da corporación e veciños que o desexen.
Salón de plenos do Concello de Ponteceso ás 09:00h.
Comezo do curso de auxiliar de axuda a domicilio
21 de febreiroData de comezo deste curso ao que podes anotarte no Departamento de Educación Familiar, dende o 7 ao 16 de febreiro.
Doa sangue
24 de febreiroDende as
16:00h ás 21.00h, a unidade de transfusión de Galicia, estará instalada en Ponteceso, na Praza do Relleno, para que, se o desexas, poidas doar sangue, que tan necesaria é nos hospitais. É unha boa maneira de sentirte mellor.
Día da muller traballadora
8 de marzoComo vimos facendo nos últimos anos, este día pola mañá estaremos (coa axuda do voluntariado) na Praza do Relleno para expoñer as fotografías dalgunhas das mulleres traballadoras do noso concello, para recoller as pegadas e frases sobre o tema, tamén repartiremos algún material informativo e pequenos agasallos e degustaremos chocolate quente. De 11.00h a 13.00h.
Exposición "Elas sempre están"
Ata o 15 de marzoO Concello de Ponteceso acolle na Fundación "Eduardo Pondal", esta exposición, que poderá verse ata o vindeiro 15 de marzo na Fundación, polas tardes, pretende dar a coñecer o protagonismo da muller nas rutas de peregrinación a Compostela.
Obradoiro teatral
30 de marzoA Editorial Tambre, a través do Servizo de Planificación Lingüística, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, seleccionou ao Concello de Ponteceso para realizar un obradoiro teatral, o día 30 de marzo, ás 10.00 horas, no CEIP Eduardo Pondal. As persoas destinatarias son 90 nenas e nenos de 1º a 4º de primaria.
Organizan o obradoiro o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteceso e a Concellería de Cultura.
Comezo do curso Celga 4
6 de abrilData de comezo do curso de galego Celga 4 no Concello de Ponteceso
Luditempo
Do 18 ao 20 de abril
Programa destinado a fomentar a conciliación da vida laboral e familiar a través de actividades dirixidas a nenos e nenas do Concello de Ponteceso, de 3 a 10 anos durante as vacacións de Semana Santa.
Descargas asociadas
Semana da lectura na biblioteca
Do 25 ao 29 de abrilVarios centros educativos do Concello visitarán a nova biblioteca para celebrar esta semana da lectura organizada pola Concellaría de Cultura.
Contacto