Obradoiro de English Christsmas
28 e 29 de decembro
Obradoiro de inglés para nenos de entre 6 e 10 anos que se levará a cabo na Aula Municipal de Informática de Ponteceso o 28 e 29 de decembro e na Aula Municipal de Informática de Corme o 4 e 5 de xaneiro. Os prazos de inscrición xa están abertos e rematarán para Ponteceso o 24 de nadal e para Corme o 30 de nadal.
Contacto
Cabalgata de reis 2010
5 de xaneiroSairá ao redor das 19:00h da escola de Tella cara a Praza do Relleno, onde as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, recollerán as vosas cartas. Acto será organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Ponteceso.
Comezo de cursos de informática
1 de febreiroNa semana do 1 de febreiro darán comezo os seguintes cursos da escola municipal de informática:
Curso de internet
Curso de software libre
Curso de ofimática.
Charla para pensionistas
8 de febreiroO Concello de Ponteceso informa que o vindeiro luns 8 de febreiro, ás 11 e media da mañá, haberá, no salón de plenos, unha charla sobre a revalorización das pensións da Seguridade Social: xubilación, invalidez, etc.
Antroido 2010
14 de febreiroDende as catro ás nove da noite na Praza do Relleno en Ponteceso, poderás disfrutar de: obradoiros de maquillaxe, actuacións e desfiles no palco, degustación de orellas e roscos, xogos populares, etc. E por se o tempo falla, haberá unha gran carpa. Inscríbete na O.M.I.X ou no Concello ata o 11 de febreiro. Haberá axudas e regalos para os que participedes.
Baile de disfraces
16 de febreiroBaile de disfraces en Corme. No pavillón municipal ás 17.00h.Haberá hinchables, xogos populares e musicais, orellas e chocolate. Acudide disfrazados.
Contacto
Descargas asociadas
Tramitación do dnie
17, 18 e 19 de febreiroMembros da Policía Nacional desprazaranse ao Concello de Ponteceso para levar a cabo a renovación e obtención do dni. Pero, a partir de agora, só se expedirá o dni electrónico, igual que nas oficinas de tramitación xerais. Poden pedir vez para o 17 de febreiro de 2010.
Pida vez no 981 714000. Oficinas xerais do Concello.
Tamén na Oficina Municipal en Corme. 981 738 428.
Curso de informática didáctica. Ponteceso
1 de marzo
Comezo do curso de informática didáctica que se celebrará na aula municipal en Ponteceso.
Descargas asociadas
Comezo do curso de inglés
6 de marzo
Comezo do curso de inglés que se celebrará na O.M.I.X en Ponteceso.
Descargas asociadas
Día da muller traballadora
8 de marzo
Dende as 10.00h ás 14.00h, dúas voluntarias estarán na praza do Relleno en Ponteceso, repartindo chocolate quente a todos os que se acheguen a deixar a pegada ou a escribir unha frase nos murais que colocaremos, e repartirémoslles, só ás mulleres, unha presa de caramelos como recxoñecemento ao seu traballo. Tamén expoñeremos algunhas fotografías (en papel de color) de mulleres traballadoras do noso concello.