Andando por Bergantiños: Xornes e Langueirón
11 de marzo de 2018O Instituto de Estudos Bergantiñáns, coa colaboración do Concello de Ponteceso, presenta o domingo 11 o caderno da serie Andando por Bergantiños dedicado ás parroquias de Xornes e Langueirón.
O acto terá lugar ás 18.00 horas na Casa dos Veciños de Xornes. Actuará o grupo de gaitas da Asociación Cultural San Xoán de Xornes e ao remate servirase un viño galego.
Todas as persoas asistentes serán agasalladas con dous exemplares do caderno.
A entrada é libre e de balde.