Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Clausura de teatro e música

4 de xuño

Clausura das escolas municipais de teatro e música de nen@s. No Edificio das Escolas.

Clausura da Escola de Arte

3 de xuño

Clausura da Escola de Arte Municipal na Biblioteca en Ponteceso. Ás 19.00h. Exposición das obras realizadas do 3 ao 13 de xuño no Centro Cultural.

Ler conta moito na Biblioteca

29 de maio

Seguimos promovendo a lectura entre os máis pequenos. O vindeiro 29 de maio ás 11.30h, dentro do programa ler conta moito, os nenos de infantil dos colexios Eduardo Pondal e As Forcadas asistirán a obra de teatro OS CONTOS DO CHUPETE na Biblioteca Municipal.

Clausura música de maiores

28 de maio

Clausura da escola municipal de música de maiores. Será en Corme na Casa do Mar.

Escola de pais e nais

7 de maio

O vindeiro mércores día 7 de maio terá lugar a segunda sesión da escola de pais e nais organizada polo departamento de educación familiar. Será ás cinco e media da tarde no edificio das escolas en Ponteceso. As persoas interesadas poden inscribirse na oficina da educadora ou chamando ao teléfono 981 714000, ext.51.

Aventuras na cociña

30 de abril

Dentro do programa cultural anual da Biblioteca Municipal, chega esta actividade teatral dirixida a público infantil, polo que nos visitarán os nen@s de infantil do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso. A actuación correrá a cargo de Trinke Trinke Teatro.

Aventura polo Anllóns

26 de abril

Dentro do programa de sendeirismo dos Concellos da Costa da Morte, actividade para coñecer os seis primeiros kilómetros do Río Anllóns.

Oficina itinerante do DNI

22, 23 e 24 de abril

A Policía Nacional desplazarase á Casa do Concello en Ponteceso para expedir o dni. Tod@s @s interesad@s deben de solicitar cita previa no 981 714 000 ext. 10.

Exposición de arte gráfico

Do 4 ao 20 de abril

Chega ao Concello de Ponteceso a Exposición de arte gráfico do VII Premio Internacional Jesús Núñez. Poderás vela no Centro Cultural en Ponteceso de 09.00h a 13.00h e de 16.00h a 20.00h.

Concilia na Semana Santa

14, 15 e 16 de abril

Actividades de conciliación para nen@s de 4 a 12 anos no Edificio das Escolas en Ponteceso. De 10.00h a 13.00h.

 1  2  3  4  5  6  7
Concello de Ponteceso