Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Teatro no Nadal

21 de nadal

Ás 18.00h, no salón de actos do Edificio das Escolas, os grupos da Escola Municipal de Teatro do Concello, ofrecerán unha actuación para todos os públicos. Entrada de balde.

XVII Certame de Corais

21 de decembro

Ás 20:30 horas no salón de actos do Edificio das Escolas coa participación das corais do concello e cun grupo de cámara convidado.

Visita do Carteiro Real

19 e 20 de decembro

O día 19 no CRA e o día 20 no CEIP As Forcadas e no CEIP Eduardo Pondal para recoller as Cartas en galego aos Reis Magos que posteriormente lles serán contestadas.

Nadal de maxia (II)

14 de decembro

Segunda actuación do mago Xacobe. No edificio das escolas, salón de actos, ás cinco da tarde.

Nadal de maxia

7 de decembro

Os magos Norberto e Kiko Pastur actuarán ás 18.00h no Edificio das Escolas en Ponteceso, dentro do programa cultural que o Concello tén preparado para este Nadal. Entrada de balde. Espectáculo dirixido polo Mago Antón. Colabora Agadic.

Charla sobre doazón de órganos

14 de novembro

O vindeiro día 14 de novembro na casa da cultura terá lugar unha charla sobre a doazón de órganos, o horario da mesma será de 18:00 a 19:00. Esta charla está aberta a todos os públicos e está organizada pola Oficina de Coordinación de Transplantes do Servizo Galego de Saúde.

No bico un cantar

Xoves 31 de outubro

Homenaxe a Rosalía de Castro na Biblioteca Municipal cos alumnos da Escola de Teatro do Couto. Fermosa obra que representarán mozos e mozas do noso Concello. A actuación será ás 20.00h.

Feira das Fabas

26 de outubro

Feira das Fabas na Trabe en Ponteceso

Xornadas de orientación laboral

14 e 21 de outubro

Charlas de orientación no IES para o alumnado de 4º ESO. Ás 8.45 horas.

Vaixe polo corazón de Bergantiños

4 de outubro

Presentación do libro de Xosé Pumar Gándara na Biblioteca de Corme. Ás oito da tarde.

 1  2  3  4  5  6  7
Concello de Ponteceso