Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Torneo de tenis de mesa

29 de decembro

De 10:00h a 13:30 h, e competindo todos/as os/as inscritos/as na EDM de Deportes de Raqueta.

Torneo de fútbol sala

28 de decembro

Trofeo prebenxamín de fútbol sala, de 10:00 a 13:30 horas, visitarannos en Ponteceso os demais concellos de Costa Bergantiñá para competir por gañar este torneo.

Xornadas de basket

26 e 27 de decembro

De 10:00h a 13:30 h, os/as nenos/as inscritos/as na Escola Deportiva Municipal de Baloncesto viaxarán a Malpica para competir.

Visita do carteiro real

20 e 21 de decembro

Nos colexios do Concello. O día 21 visitará o CRA e o 22 ás Forcadas e ao Pondal para recoller as Cartas en galego aos Reis Magos que se lles facilitaron desde o Departamento de normalización lingüística do Concello de Ponteceso.

Visita ao Parlamento de Galicia

21 de decembro

A Fundación "Eduardo Pondal", en colaboración co Concello de Ponteceso, realizan unha visita ao Parlamento de Galicia. Saída ás 09.00h. Bus gratuíto. Todos os interesados poden porse en contacto telefónico co Departamento de Servizos Sociais. 981 714 000 ext. 3.

XV Certame de Corais

17 de decembro

No Centro Cultural en Ponteceso coa participación das corais do Concello e unha coral convidada de Oleiros. Ás 20.30h.

Conferencia sobre o cabotaxe

7 de decembro

O cabotaxe en Corme durante o século XX. Conferencia ofrecida por José Ramón Varela Cousillas. Exposición dixital sobre barcos de cabotaxe. Na Casa do Mar de Corme ás 19.00h.

Concerto didáctico de nadal

7 de decembro

Ofrecido polo grupo Palitroque, dirixido ao alumnado de infantil e primaria de tódolos colexios do concello.

Matrícula escola infantil

Ata o 30 de novembro

Quedan prazas libres na escola infantil "A Galiña Azul" de Ponteceso. Poderá solicitar praza nas dependencias da gardería.

Conto contigo

29 de novembro

O departamento de servizos sociais, coa financiación da Secretaría Xeral da igualdade, pon en marcha no CEIP "Eduardo Pondal" de Ponteceso a actividade "CONTO CONTIGO". A actividade consiste na elaboración dun conto que lles permitirá traballar e comprender o porqué da desigualdade entre homes e mulleres e porque ás veces surxe a violencia de xénero. O obxectivo xeral é previr a aparición de conductas asociadas á violencia de xénero entre a población infantil do concello. Esta actividade vai comenzar no colexio o día 29 de novembro.

 1  2  3  4
Concello de Ponteceso