Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

2ª edición do Campionato/Concurso de Tirabalas Ponteceso 2015.

O 12 de outubro(festas Pilarica),a Fundación Ricardo Pérez y Verdes e o MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) van levar a cabo a 2ª edicción do campionato/Concurso de Tirabalas Ponteceso 2015.
11:00h no campo de xogo do Centro Cultural.

II CAMPIONATO DE TIRABALAS PONTECESO-2015

REGULAMENTO

?Poderán participar todas aquelas persoas que estean interesadas na actividade, tanto na rama masculina como feminina.
? Establécense catro categorías: RAPAZ/A: dende os 6 aos 16 anos; MOZETE/A: dende os 17 anos aos 21 anos e MOZO/ A: dende os 22 aos 40 anos; HOME/MULLER: dende os 41 anos aos 65 e VELLO/A: de 66 en adiante.
?Competirase polo sistema de eliminación directa.
?Cada tirador/a disporá de QUINCE (15) lanzamentos que poderá efectuar, avisando previamente o xuiz/árbitro, contra uns botes que estarán sobre unha prataforma.
? Os botes terán unha valoración de 1 a 5 puntos respectivamente.
? O tirador/ra terá un tempo máximo de TRES MINUTOS para derrubar os botes.
?Os lanzamentos deberán seguir a orde establecida, primeiro tirará o número 1, despois o 2, ?así sucesivamente, non poidendo pasar o seguinte bote sen antes non derrubar o anterior.
?A distancia dos lanzamentos será o seguinte: RAPAZ/A: 5 m.; MOZETE/A: 8 m. e MOZO/A,HOME/MULLER e VELLOS/AS : 10 m.
? Os tirabalas serán construidos con forquita de madeira, gomas de caucho ou látex e badana de coiro.
?Cada participante deberá aportar o seu tirabalas persoal para a competición.
?A organización do torneo aportará a ?munición? de lanzamento.
?Cada vez que se remate unha rolda, os obxetos lanzados e os botes derrubados, serán recollidos e postos a disposición dos seguintes participantes.
?Despois da primeira tirada, clasificaranse os TRES primeiros de cada grupo, para acceder a segunda rolda ou final. Os demás clasificados farán outra de consolación.
? No caso de empate entre varios tiradores, tanto na primeira ou segunda rolda, se fará ?morte súbita? a un bote, con sorteo previo para escoller a man.
?Se na FINAL se chegara ao empate, so se modificará a distancia, que será dende os 15 metros.
?No caso de que teñamos moitos tiradores, a organización estabrecería GRUPOS, cun máximo de seis (6) compoñentes cada un, seguindo os mismos pasos anteriores.
?Dende as 10,00 ata as 11,00 h. poderanse realizar probas de quecemento no terreo de xogo coa autorización pertinente.
? Na mesma banda horaria tamén poderanse inscribir todas aquelas persoas que non o fixeran en tempo e forma establecidas.
?A organización pode facer os trocos que estime oportuno nestas bases co único compromiso de anunciar calquera modificación. As normas finais darianse a todos os participantes xunto a acta de inscrición.



Descargas asociadas


Concello de Ponteceso