Péchase un amplo programa de actividades destinado á poboación desempregada
![Clausura do taller Clausura do taller](../upload/not/689-f-talleres.jpg)
O Alcalde de Ponteceso, José Luís Fondo Aguiar, clausurou o xoves 16 de maio as actividades para a procura activa de emprego que se viñan desenvolvendo en Ponteceso e Corme dende hai meses. Este taller formativo estivo destinado a persoas en situación de desemprego e facilitou formación a máis de trinta veciños e veciñas.