Venres 21 de setembro

Con motivo do día mundial do Alzheimer, o Concello proxectará no IES Ponteceso o documental realizado pola Escola Municipal da Terceira Idade Susa da Chasca,
Documenta, coa finalidade de que os máis novos coñezan os programas de envellecemento activo, que permiten loitar contra os efectos desta enfermidade. Así mesmo, o vindeiro
venres 28 de setembro, proxectarase un filme na Biblioteca Municipal para dar a coñecer un pouco a enfermidade e as súas consecuencias sociais.