Programación de antroido do Concello de Ponteceso
O vindeiro martes 16 de febreiro, dentro do programa cultural de antroido 2010, o Concello de Ponteceso organiza un baile de disfraces no pavillón municipal. Haberá inchables, xogos populares, música e degustación de orellas e chocolate. Ás 17.00h.