O Concello achegará material informativo
O día 1 de decembro celébrase o día mundial da loita contra a SIDA. Desde
a concellaría de cultura, participamos neste día tratando de sensibilizar á
poboación nesta loita e faremos chegar folletos informativos e preservativos aos alumnos do
IES de Ponteceso. Desde a
OMIX e a
oficina municipal de Corme tamén faremos chegar este material á poboación adulta, ata fin de existencias.