Foi recoñecida co galardón "Bos e Xenerosos" da Fundación "Eduardo Pondal"
![A Concelleira con Anisia Miranda e Neira Vilas A Concelleira con Anisia Miranda e Neira Vilas](../upload/not/352-f-p11p13f3.jpg)
Anisia Miranda Fernández, esposa do literato, Xosé Neira Vilas, falecía onte de forma repentina, causando fondo pesar no mundo da cultura galega. Nada en Cego de Avila (Cuba) o 30 de decembro de 1932, era filla de emigrantes ourensáns.
Visitou Ponteceso en numerosas ocasións, recibindo hai meses o galardón da Fundación "Eduardo Pondal" "Bos e Xenerosos", que lle entregou a Concelleira de Cultura, Susana Cousillas. O Concello de Ponteceso
sente a perda dunha gran loitadora polo rural galego.
Ligazóns recomendadas