O venres 6 de novembro da comezo a Liga Municipal de Fútbol Sala Senior do Concello de Ponteceso, tempada 2009/2010. Este ano a competición, que consta de 22 equipos participantes, desenvolverase os venres e sábados no pavillón municipal en Corme. Cada semana, iremos publicando resultados, vindeiros encontros, clasificacións e trofeo á deportividade.