Bota a andar a aula itinerante de novas tecnoloxías
![Aula móbil Aula móbil](../upload/not/274-f-mobil.jpg)
O Concello de Ponteceso organiza varios cursos de iniciación á informática polas parroquias, coa posta en marcha da
aula itinerante de novas tecnoloxías. Estes primeiros cursos impartiranse en
Anllóns e Corme-Aldea. Tamén se abre o prazo para a inscrición no curso de iniciación á informática que se celebrará na aula municipal en Corme-Porto.
Calquera veciño do Concello pode inscribirse no Departamento de Deportes e na Oficina Municipal en Corme. Curso dirixido a
xente maior sen coñecementos previos.
Descargas asociadas