Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

CALENDARIO E ITINERARIO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS URBANOS ESPECIAIS NON VOLUMINOSOS

O próximo luns, 26 de agosto, dará comezo a ruta de recollida de residuos urbanos especiais non voluminosos no Concello. Para unha boa coordinación coa veciñanza, publicamos a ruta e o calendario que se seguirá dende hoxe ata o próximo 12 de setembro.

O calendario e a ruta de recollida de lixos especiais porta a porta son os seguintes:

O servizo dará comezo este luns, 26 de agosto, en Corme, xunto á ponte, pasando por Cedeira, Carracido, Couto, Cospindo, A Brixería, Curras, A Matigueira, Balarés, Guxín, Xomonte e farase unha primeira aproximación Corme Aldea.

O martes, día 27, seguirase con Corme Aldea, Froxán, O Picoto, e Corme Porto na rúa da Vila de García, camiño do paseo marítimo, estrada de Ponteceso, rúa Río de Arriba, estrada de Roncudo, rúa Arnela, o barrio do Campo e a rúa Real.

O mércores, día 28, continuarase con Corme Porto na rúa Nova, na rúa Paxariñas o barrio de Regadiños, a rúa Agra Rodríguez, o barrio de Fontiña, Roncudo, As Regadiñas, As Pedras Miúdas, a rúa Condes, a rúa Carral, o paseo marítimo, a rúa Coroto, a rúa Xeneral Mourelle, a rúa Sol, a avenida da Mariña, a Travesía do Campiño e a rúa Hortas.

Pola súa banda, o xoves, 29 de agosto, será a quenda do barrio dos Remedios, a rúa Crego, a rúa Fontiñas, a rúa Real, a Praza do Pan, o barrio de Fontiñas, Cerezo, Carballido, As Gurichas, e Lestimoño.

O luns, 2 de setembro, percorrerase as rúas do Cruceiro, do Concello, do Cuartel, da Aduana, do Paseo Fluvial, a Praza do Recheo, e as avenidas Eduardo Pondal e Anllóns.

O martes, 3 de setembro, o servizo seguirá na avenida.Anllóns, ademais do barrio Juncal, a rúa Teresa Mosqueira Manso, a rúa Eduardo Blanco Amor, a Praza Campo da Feira, a rúa Veda, o barrio Trabe, a avenida Bergantiños, e por Rueiro.

O mércores, 4 de setembro, achegarase a Aldea Tella, a Tella, a Anllóns, A Garga, e á rúa Cuñarros.

O xoves, 5 de setembro, volverase Aldea Tella e continuarase coa Gándara, Seixos, Petón, o polígono da Tella, Tallo, Vilasuso e O Rieiro.

O luns, 9 de setembro, será a quenda de Bugalleira, Ameixenda, Rebordáns, As Salgueiras, Os Melcos, Langueirón, A Vitureira, Ardabón e a Ponte Dona.

O martes, 10 de setembro o equipo desprazarase ata Froxán, Xornes e Pazos.

O mércores, 11 de setembro será a oportunidade para Riotorto, Limiñoa, O Barreiros, Cores, Viladesuso, Figueiroa, A Costa, A Campara, Santa Cruz, Os Torrados, A Lamela e Miraflores.

Por último, o xoves, 12 de setembro, o servizo recollerá os residuos en O Castro, O Rueiro, Os Ánxeles, Brantuas de Arriba, Casas de Espereira e Brantuas de Abaixo.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso