Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

ORDENANZA XERAL REGULADORA DE VAOS E DEMÁIS UTILIZACIÓNS PRIVATIVAS E APROVEITAMENTOS ESPECIAIS DO DOMINIO PÚBLICO DO CONCELLO DE PONTECESO

Por providencia da alcaldía incoouse o correspondente expediente para a aprobación ORDENANZA XERAL REGULADORA VAOS E UTILIZACIÓNS PRIVATIVAS E APROVEITAMENTOS ESPECIAIS DO DOMINIO PÚBLICO DO CONCELLO DE PONTECESO para mellorar a organización e funcionamento do mesmo e intentar paliar os problemas de convivencia veciñal, veciños e foráneos que aparcan os seus vehículos diante dos accesos a garaxes e instalacións comerciais impedindo o acceso e o seu normal funcionamento.

O borrador de ordenanza que se adxunta como ANEXO rexe a tramitación e procedemento a hora de aproveitamento especial dun ben de dominio público municipal, pola entrada e saída de vehículos a inmobles urbanos e/ou fincas dende a vía pública e pola reserva da vía pública para aparcamento exclusivo, carga e descarga, coa consecuente e necesaria prohibición, no seu caso, do estacionamento nos espazos da mesma que conforman os accesos e saídas daqueles, así como os espazos da vía pública restrinxidos para carga e descarga ou aparcamento exclusivo, sendo necesario para elo, solicitar e obter, no seu caso, a correspondente autorización municipal.
O informe xurídico da secretaría municipal sinala que o artigo 133.1 da Lei 39/2015, do 1 de
outubro, do procedemento administrativo común, establece que previamente á elaboración do proxecto de regulamento realizarase unha consulta pública a través da páxina web municipal para recabar a opinión dos posibles afectados pola norma sobre: os problemas a
solucionar, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma, e as posibles solucións alternativas.
En consecuencia, DISPOÑO:
Que se proceda a publicar na páxina web municipal o correspondente anuncio xunto co borrador do proxecto de ordenanza inicialmente redactado, para que durante un prazo de 15 días hábiles , os usuarios do servizo ou calquera interesado poidan consultalo e presentar suxerencias ou opinións ao respecto, entre outras sobre os problemas que a ordenanza trata de solucionar, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma, ou no seu caso as posibles solucións alternativas.



Descargas asociadas


Concello de Ponteceso