O Concello de Ponteceso vén de presentar dúas xornadas deportivas con múltiples
actividades baixo o lema PONTEENFORMA2023.
O Concello de Ponteceo invita a todas as perosas a participar na fin de semana máis deportiva no Concello máis saudable de España.
Serán dous días cheos de actividades en varios puntos do Concello de Ponteceso. O sábado 20 de maio todas as persoas que o desexen poderán gozar dunha Máster Class de Pádel en Corme e béisbol na Campara.
O domingo 21 de maio teresmos un Circuíto Karts a Pedais e Minibasket no campo da Feira da Trabe, inchables deportivos na Praza do Recheo e unha xornada de Caiac e iniciación ao Paddle Surf no Malecón. Ademais haberá unha ruta en Caiac polo Anllóns, de 10.30 a 13.00 horas, e pola tarde Paddle Surf no Anllóns, de 16.00 a 19.00 horas.
As persoas que desexen máis información poden poñerse en contaco no teléfono 665328775 ou no email: xose.garcia@ponteceso.gal.
Programación completa:
Sábado 20 de maio de 2023: (CORME – CAMPARA)
En CORME: MASTER CLASS DE PÁDEL
IDADES: A partir dos 8 anos
HORARIOS: de 16:30 a 21.30 horas
Inscrición: Por orde de chegada
Nº de prazas: 26 participantes
NA CAMPARA: BÉISBOL
IDADES: De 7 a 14 anos
HORARIOS: A partir das 16:30 h
Inscrición: Por orde de chegada
Nº de prazas: 30 participantes
Domingo 21 de maio de 2023 (PONTECESO)
No CAMPO da FEIRA da TRABE: TODO O DÍA
CIRCUITO KARTS A PEDAIS
MINIBASKET
Na PRAZA do RECHEO: TODO O DÍA
-INCHABLES DEPORTIVOS:
wipe out
arco de meta
barredera
bungee
caída libre
futbolín humano
pista americana
táboa de surf
toro mecánico
-ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN VARIAS
No MALECÓN:
XORNADA DE CAIAC E INICIACIÓN AO PADDLE SURF NO
ANLLÓNS
IDADES: Dende 8 anos.
*Os menores de 8 anos poderán ir acompañados de un ou dous adultos e
participar na actividade de caiac)
Os participantes deberán traer bañadores, roupa deportiva e licras ou
neoprenos curtos os que dispoñan deles.
O RUTA EN CAIAC NO ANLLÓNS
Horario: De 10:30 a 13:00 h
Nº de prazas: 25 participantes
*Os menores non computan por ir acompañados dos adultos
O PADDLE SURF NO ANLLÓNS
Horario: 16:00 a 19:00 h
Nº de prazas: 30 participantes
*Actividades gratuítas por orde de chegada