O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, e a tenente alcalde, Noelia Varela, xunto con outros veciños de Corme e de Ponteceso, acudiron onte a Ribeira no autobús fletado polo Concello de Ponteceso para protestar contra a decisión errada da Xunta de abrir a extracción extracción da mexilla nunha das zonas máis valiosas como é a zona do Roncudo.
O alcalde de Ponteceso levará o asunto ao vindeiro pleno municipal para que a Xunta reverta a decisión que prexudica o futuro do mellor percebe do mundo, que é o percebe do Ronduco e o traballo dos percebeiros e percebeiras da nosa vila.
O alcalde aproveitou para felicitar a Roberto Vidal e a Víctor Haz pola recente creación da asociación PERCEGA e polo traballo para conseguir que declaren o percebe como patrimonio inmaterial.