Con motivo do 8M Día Internacional da Muller a concellería de Servizos Sociais do Concello de Ponteceso organizou unha "Saída Cultural Á Compostela das Mulleres”
Corenta e dúas mulleres animáronse a participar na viaxe na que a concelleira de Igualdade, Noelia Varela Suárez, deu lectura aun pequeño texto institucional polo Día Internacional da Muller, ás 13:30 da mañá. As participantes tamen puideron disfrutar dun xantar todas xuntas.
Ademais o Concello de Ponteceso, tamén conmemora o Día Internacional a Muller coa iluminación morada da ponte de Ponteceso e a fonte de Corme.
Hoxe conmemórase o Día Internacional da Muller e como cada 8 de marzo, as protagonistas son elas: as mulleres.
Hoxe saen á rúa para reivindicar os seus dereitos, para deixar claro que a loita por acadar a igualdade continúa e que non se van render. Nais, fillas, avoas, bisavoas, maiores e nenas alzan hoxe a voz no nome das que xa non poden facelo para deixar claro que non teñen medo, que son valentes.
Hoxe ármanse de forza e únense para seguir a senda que comezaron a andar hai moitos anos as que xa non están. Hoxe seguen pelexando para deixarlle un futuro mellor ás que veñen detrás. Hoxe saen á rúa desexando que algún día non teñan que facelo porque iso significaría que por fin as mulleres teñen os mesmos dereitos e oportunidades, que poden camiñar sen medo pola rúa e, en definitiva, que viviríamos nun mundo igualitario e libre de violencia.
Dende o Concello queremos trasladarlle a todas as mulleres que estamos con elas e que seguiremos traballando para mellorar e erradicar o machismo da nosa vila.
#NonEstadesSoas