Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso inaugurou o fermoso xardín rosa en homenaxe ás persoas que padecen cancro

Alumnos e alumnas de infantil do colexio CEIP Eduardo Pondal e do CRA da Nosa Señora do Faro de Ponteceso gozaron dunha mañá de xogos, chocolate e moita diversión.
























Pedro Losada, técnico da empresa de xardinería Arce, foi o encargado de explicarlle aos máis pequenos como se elaborou o fermoso xardín. Seiscentos ciclámenes rosas que forman 11 círculos no centro do Xardín de Ponteceso, conforman unha fermosa composición floral.
O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, explicoulles aos máis pequenos que “Mañá celébrase o día mundial da loita contra o cancro. O cancro é unha enfermidade. Hai persoas de todas as idades que enferman e necesitan que lles mandemos un abrazo moi grande, por iso estamos aquí” e animou a todas as persoas presentes a fundirse nun abrazo.
Ó evento, ao que tamén asistiu a concelleira de Servizos Sociais do Concello de Ponteceso, Noelia Varela, achegáronse membros da xunta local do Cancro de #Cabana que despregaron un lazo verde de grandes dimensións sumándose entre todos/as os asistentes á iniciativa da Asociación Española Contra o Cancro de A Coruña.
Tamén a Ponte de Ponteceso e a fonte de Corme estarán durante os vindeiros días iluminadas de verde con motivo desta conmemoración.

Concello de Ponteceso