O Concello de Ponteceso quere solicitar financiamento da Xunta de Galicia para
seguir mellorando os accesos verdes ao Parque Empresarial de Tella
Sería a terceira fase coa que se pretende dotar de máis km de senda peonil aproveitando as vías de servizo existentes na zona de Pardiñas ata a Bugalleira na que é importante instalar iluminación led para dotar de seguridade a unha zona que carece deste servizo.
A mellora da iluminación vai ser considerable coa instalación de puntos de luz cada 30 metros iluminando un tramo da estrada autonómica entre a Bugalleira e o Parque Empresarial de Tella. Con esta mellora poderase ir camiñando por unha zona
totalmente iluminada dende a Bugalleria ata o centro de Ponteceso. O proxecto de
150.000€ sería financiado ao 80% pola Xunta de Galicia
O Concello vai reforzar a seguridade viaria das proximidades da curva da Noria, cun novo tipo de bionda de madeira reforzada para mellorar a seguridade dos peóns nas proximidades dunha parada escolar. Tamén se realizará unha mellora na parada do bus escolar.