O ximnasio municipal abrirá de luns a domingo en horario 06.00 a 23.00 horas e está situado no Edificio das Escolas
SALA GRATUÍTA ABERTA OS 365 DÍAS DO ANO, SEGUINDO A EXPERIENCIA
DA PISTA DE PÁDEL DE CORME
Para mellorar as posibilidades de mellora da saúde e socialización dos colectivos con necesidades especiais, como son as persoas mozas, maiores, as persoas con minusvalía e da terceira idade, maiores de 60 e emigrantes retornados, estes colectivos van ter preferencia á hora do uso da nova SALA de exercicio do Edificio das Escolas de Ponteceso. Nesta SALA situada na planta soto do Edificio das Escolas as persoas usuarias poderán socializar mentres melloran a súa saúde e a súa calidade de vida.
“O Concello de Ponteceso conta cun local totalmente accesible no Edificio das
escolas, onde decidimos instalar unha dotación para facilitar o acceso de todos estes colectivos de xeito preferente, e de todas as persoas que o soliciten en xeral, usando as novas tecnoloxías, como estamos facendo en Corme con grande seguimento dende a instalación dunha aplicación de apertura bluetooth na pista de pádel.
A zona estará permanentemente videovixiada con advertencia legal diso, e funcionará con reserva previa, de luns a domingo de 06:00 h a 23:00 h.
O Concello usará os servizos do persoal administrativo de servizos sociais, para
xestionar aos usuarios estes permisos de acceso, para darlles prioridade absoluta á hora de garantirlles acceso preferente á instalación a estes colectivos.
A nova sala de exercicio e encontro social para colectivos sociais preferentes do Concello de Ponteceso”.
O Concello priorizará os convenios con asociacións cuxos fins persigan o benestar e a socialización das persoas destes colectivos, para o uso activo da SALA por aquelas. As persoas usuarias empregarán a instalación baixo a súa responsabilidade e para o fin
que foi creada, sendo eliminado o acceso, caso de producírense usos indebidos. A SALA non é un ximnasio, non conta con monitores, non conta con duchas adaptadas ao efecto nin os servizos que ofrecen os ximnasios. O Concello anima ás persoas preocupadas por adquirir hábitos de vida saudables que utilicen os servizos profesionais de empresas de Ponteceso que os ofrecen como ximnasios e preparadores deportivos.
Para asegurar o disfrute, o equipamento é de tipo profesional, e vai contar con cinta de correr, dúas bicicletas elípticas, bicicleta de spinning, máquina de remo, dous bancos multiposición, banco multiexercicios, mancuernas e barras, así como
kettlebells ou pesas rusas, e gomas elásticas, todo o chan da sala é acolchado. Para reservar as sesións podes facelo descargando as inscrución para soliciar o acceso descargando link desta nova páxina do Concello de Ponteceso.
Descargas asociadas