Decenas de nenos e nenas de todo o concello fixeron realidade o seu soño de coñecer a Papá Noel, que se desprazou ao municipio para percorrer as parroquias en coche eléctrico.
Moitos nen@s acudiron á recepción de Papá Noel na Biblioteca Municipal para contarlle que tal lles foi o ano, como se portaron, os desexos que querían para estas festas e moitos leváronlle a súa carta.
Papá Noel estibo acompañado en todo momento na súa visita por persoal municipal, principalmente polos membros de #Protección Civil, e as concelleiras, Noelia Varela, Maite Chouciño, que obsequiaron a todos os nenos e nenas cun agasallo.