Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

“As que limpan” clausurou o XXIX Ciclo de Teatro do Concello de Ponteceso

Foron catro as mostras que completaron o cartel ao largo deste mes






























O XXIX Ciclo de Teatro do Concello de Ponteceso chegou este sábado, 26 de novembro, ao seu fin logo da representación de “As que limpan”, da compañía de teatro A Panadaría SCG. Esta foi a cuarta mostra do programa que se levou a cabo ao longo deste mes.
A obra desta semana son As que Limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. As que limpan, falaron da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos..
Levouse a cabo, como de costume, de noite, no salón de actos do Edificio das Escolas.
Esta iniciativa municipal está subvencionada pola Deputación da Coruña. Dende o consistorio só nos queda dar as grazas a todos os asistentes, así como ás compañías participantes. Vémonos o vindeiro ano!

Concello de Ponteceso