Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Parque Empresarial de Tella sigue medrando con dúas novas empresas


Só queda una nave en aluguer con opción a compra.

O Alcalde de Ponteceso Xosé Lois García Carballido reuniuse en Tella con dous empresarios novos do polígono, subscritores dun aluguer con opción a compra.
Unha comercializadora de produtos agrarios, e un especialista en son e produción de eventos musicais. Só queda unha nave en aluguer con opción a compra no polígono de Tella, despois da chegada dunha carpintería de madeira e unha empresa de aire acondicionado e frío industrial.
O Concello continúa coa promoción do polígono, que iniciou unha revolución en 2016 coa bonificación do 95% do imposto de construción, a mobilización de 14 parcelas que levaban 20 anos sen desenvolver e agora xa se venderon ou edificaron case na súa totalidade, e o desenvolvemento do novo acceso peonil dende o centro de Ponteceso.
Apertura aos peóns do acceso dende o centro de Ponteceso

Esta semana precisamente abriuse ao público o acceso peonil dende o centro de Ponteceso ao parque empresarial de Tella, así como a mellora da vía de servizo do polígono de Tella á Mezquita, Tallo
“Camiñar con seguridade por Tella, era unha vella aspiración dos veciños e veciñas da parroquia pontecesá, dende que a Xunta executou as obras en 2006 e non había sendas para camiñar, por iso hoxe é un gran día para Ponteceso” asegurou o Alcalde. “Unir Ponteceso co polígono é un soño cumprido, grazas á Consellería de Industria de Francisco Conde por facelo posible coa subvención do 80%, e aos veciños e veciñas do Rueiro, A Calle, e o Petón de Tella que colaboraron en todo momento”
Solución ao grave problema da recollida das pluviais de Tella

A obra incluíu un gran investimento para a limpeza, renovación e nova instalación de colectores de pluviais. “Pola forma de ladeira que ten Tella, baixa moita auga e a construción da estrada autonómica non tivo en conta este problema, polo que os veciños da estrada eran os prexudicados “

Concello de Ponteceso