Estará en horario de mañá na Praza da Ribeira, en Corme
O primeiro luns de novembro, día 7, unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e
Sangue, achegarase a Ponteceso. En horario de 10.30 a 14.00 , as persoas interesadas poderán doar sangue, sempre e cando teñan máis de 18 anos e pesen
máis de 50 quilos.
Dende o Concello, animamos á veciñanza a participar, pois a súa colaboración pode
salvarlle a vida a outras persoas. Mais son tan só 10 minutos de tempo! Algunhas das recomendacións a seguir son as que se describen a continuación:
- Débese almorzar e, despois de xantar, agardar dúas horas.
- Hai que aportar a tarxeta de doazón ou o DNI.
- É necesario informar ó médico se neses momentos se está tomando algún
medicamento.
Para máis información, no cartel que adxuntamos, pódese escanear co móbil o código QR.