Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso contrata unha auditoría para minimizar as perdas de auga e facer un mellor uso da mesma

-Conta cun presuposto de case 10.000€, financiado nun 80% por Augas de Galicia
-Xosé Lois García Carballido supervisou as zonas obxeto da auditoría co responsable da empresa consesionaria de aguas.













O Concello de Ponteceso reuniuse coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez hai un tempo para solicitarlle un investimento maior para poder mellorar o sistema de abastecemento de auga da vila. As instalacións de depuración do municipio son moi antigas e precisan modernizarse para adaptarse aos novos tempos. Deste xeito, Lois García solicitoulle á Xunta un investimento de máis de 500.000€ nas plantas depuradoras para que a veciñanza teña auga de calidade. Coa anterior subvención achegada por Augas de Galicia, instaláronse nas arquetas construídas na estación de tratamento de augas do Anllóns uns caudalímetros dixitais que controlan as perdas de auga e a entrada e saída da mesma en cada momento.
En esa reunión, Ethel Vázquez propúxolle ao alcalde, Xosé Lois García Carballido participar en dúas convocatorias de Augas de Galicia para poder levar a cabo esas melloras: por unha banda, na instalación de contadores para acabar coas perdas de auga e, por outra banda, na das auditorías de abastecemento. O Concello de Ponteceso está seguindo a folla de ruta proposta pola Xunta e, nese contexto, contratou unha auditoría de abastecemento que estuda os diferentes puntos de captación do Concello (os mananciais de Cuíña, do Couto e a captación do río Anllóns), analiza o estado do río Anllóns, as instalacións de tratamento de auga potable, a eficiencia dos bombeos de auga e dos depósitos de distribución. Ademais, elaborarase unha memoria detallada do sistema de abastecemento e farase un balance hídrico e un plan de actuacións e propostas para facer un mellor uso da auga.
Con todo iso, logo abordarase a posibilidade de conseguir Fondos Next Generation para poder completar a mellora do abastecemento de Ponteceso.

Concello de Ponteceso