Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O alcalde de Ponteceso asistiu á inauguración do Espazo Educar

Xosé Lois García tamén participou na xornada de menús saudables que se levou a cabo esta mañá no colexio Eduardo Pondal




























O alcalde de Ponteceso e presidente da Fundación Eduardo Pondal, Xosé Lois García Carballido asistiu esta mañá á inauguración do Espazo Educar, no Couto.
Rapaces e rapazas de Infantil e Primaria participan nos cursos onde aprenden robótica, ximnasia, expresión corporal e como preparar almorzos saudables.
O rexedor tamén participou na experiencia da cociña saudable no colexio Eduardo Pondal. No evento, a comunidade educativa da Costa da Morte, medios de comunicación e o GDR puideron comprobar como se fai un menú saudable e ecolóxico de baixo custo.
Este programa, no que destaca a cociñeira pontecesá Sandra Varela, contou coa participación de cociñeiros de distintos puntos de España como Palma de Mallorca, Zaragoza ou Madrid.
O alcalde felicitou a Sandra e aos membros da rede Menjadors Ecològics, e animounos a seguir participando nesta interesante iniciativa para conseguir que as nenas e os nenos dos colexios, residencias de maiores e outros centros comunitarios, poidan acceder a menús moi saudables, coidando a saúde e á vez fomentar a economía de proximidade, favorecendo desta maneira ós pequenos produtores e produtoras locais.

Concello de Ponteceso