O evento levarase a cabo o sábado 17 de setembro ás 13.00 horas.
O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, xunto co presidente da Asociación Galega de Autocaravanas (AGA), Manuel Fernández-Arruti Ferró, técnicos de turismo e Protección Civil do concello, presentaron o cartel coas actividades que se levarán a cabo durante tres días con motivo da inauguración da maior área de servizo para autocaravanas gratuítas de España, localizada en Corme. Carballido agradeceu a visita do presidente de A.G.A. para preparar cos técnicos de turismo as diversas actividades do fin de semana.
O Concello de Ponteceso e a Asociación Galega de Atocaravanas, A. G. A. invitan a todos os autocaravanistas que desexen asistir, á concentración que se celebrará os vindeiros días 16, 17 e 18 de setembro do 2022 na Área de Corme.
Con motivo de este evento realizaranse diferentes actividades que axudarán a promocionar o turismo do Concello de Ponteceso.
A concentración arrancará o venres 16 de setembro coa recepción de todos os participantes, no Porto de Corme, e durará dous días con un amplo programa:
• Sábado 17 de setembro ás 11.00 horas haberá charlas explicativas das actividades vinculadas ao traballo no mar (redeiras, percebeiros..).
• Ás 13.00 horas será a inauguración oficial da Área de Servizo a cargo do alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido. Coordenadas GPS Concentración
Ás 16.30 horas desfrutarán dunha ruta guiada polos miradoiros de Ponteceso: Faro Roncudo, Monte Branco e Monte do Faro. Para esta actividade será preciso inscribirse.
Ás 22.00 horas os participantes gozarán da camiñata nocturna de 6km, cunha duración de dúas horas. A saída será dende a praza da Ribeira de Corme.
• O domingo 18 de setembro, de 9.30 á 13.30 horas, visita guiada ó Museo de Arte Contemporánea de Corme (MACCMO). Ademais, haberá visitas guiadas pola parroquia de Corme.
Descargas asociadas