Máis de 138 personas participaron e gozaron dunha mañá de deporte
O pelotón saíu da Praza da Ribeira ás 11.00 horas da mañá e percorreu parte das zonas
máis fermosas de Ponteceso como Cabo Roncudo, Pedra da Serpe, a igrexa de San
Hadrián de Corme Aldea onde se realizou unha parada para repoñer forzas antes de
volver á Praza da Ribeira. Foron 12km de deporte e diversión. Sobre ás 13.00 horas
levouse a cabo o sorteo dos agasallos. O alcalde de Ponteceso Xosé Lois García
Carballido, que tamén se animou a facer a ruta, foi o encargado de entregar os
agasallos, no que o se izou coa prezada bicicleta Yoel Rodríguez de Corme.
Dende o Concello de Ponteceso queremos agradecer ás empresas colaboradoras:
Almacenes Cross, Talleres Serafín Ures, Carpintería J.M., Agro Forestal Ures Torrado,
Panadería Forniños, Eroski City, Sumera Laxe, Automóbiles Arautos, Joyería Relojería
Romar, Construcciones Barca y Domínguez, Talleres Becerra, Iluminaciones Blanco
Rieinuvi y Carpintería Javier Pérez Cancela a súa colaboración no evento.
Unha ruta que non sería posible sen todas as persoas do Concello que traballaron hoxe,
e protección civil de Ponteceso.