Hoxe, Xosé Lois García Carballido, alcalde do Concello de Ponteceso e presidente da Fundación Pondal, recibiu ós doce participantes do campamento de creación artística na que os nenos e nenas aprenderán a desenvolver capacidades creadoras relacionadas co ámbito artístico como música, cine, literatura e pintura.
Rafael Quintia Pereira Director de Campos de Traballo e Director de Actividades de Ocio e Tempo libre será o encargado de coordinar as actividades que realizaran os mozos e mozas durante a súa estadía na aldea de O Couto.
Unha das primeiras actividades, que comezou no día de hoxe, será pintar un mural de temática paisaxística.